Islandia
I
slandia é un pequeno país que convive, desde sempre, coa forza creadora e destrutora do lume do interior da terra. Estivo recentemente de actualidade pola erupción, o pasado marzo, do volcán Eyjafjällajokull que se atopa debaixo do glaciar do mesmo nome provocando o desaloxo de 600 persoas e a suspensión de voos en gran parte de Europa.
A primeira impresión que se recibe ao chegar a Islandia é a sensación de atoparse nun lugar recén creado, onde a forza da natureza se nos amosa con toda a súa enerxía e o seu explendor. A terra escura, as rochas recén formadas que fumegan polas fendas abertas e as cinzas enchendo o espazo. O lume, que se expresa na calor do xéiseres, no fume das olas onde ferve a lama, nas pozas onde nos podemos dar un baño reparador. A auga que modela a paisaxe, queda, ríxida, sólida, nos glaciares, e barbullante e potente no desxeo cando forma as miles de fervenzas que furan a lava e o basalto. O aire limpo, fresco en pleno verán, cunha transparencia especial que fai que as cores da terra se nos ofrezan como mosaicos de ocres e verdes. Nesta paisaxe un síntese ben pouca cousa. E por todas partes bule a vida, miles de flores, insectos, colonias de aves... e a xente que soubo adaptarse durante séculos ao que esa natureza lle ofrecía.
Os islandeses foron quen de sacar proveito destas terras inhóspitas e do mar que as rodea e converteron a enerxía do lume da terra en enerxía eléctrica, calefacción ou fonte de lecer e saúde.
A mellor época para visitar Islandia é no verán, cando podemos atopar días claros e unha temperatura fresca, equivalente á do mes de febreiro ou marzo de aquí.
Podemos facer rutas polos glaciares ou os campos de lava, visitar as espectaculares fervenzas, ver colonias de aves mariñas ou baleas, postas de sol interminables ou dar unha volta polas pequenas poboacións mariñeiras da costa. Na capital podemos gozar dun bo ambiente nas rúas e nos bares.
ALGÚNS DATOS
Islandia está situada en plena dorsal mesoatlántica e atravesada por ela. Poderiamos decir que a metade do seu territorio está na placa europea e a outra na americana.
Superficie: 103.000 km2
Poboación: 331.000 habitantes. Está habitada desde o ano 874.Pertenceu a Noruega e Dinamarca e ten a independencia desde 1944.
Capital: Reikjavik (118.000 habitantes). É a capital máis septentrional do mundo.
Clima: subpolar oceánico con veráns frescos e curtos e invernos suaves. A corrente do Golfo fai que teña un clima temperado en relación á súa latitude. No verán pode chegar a ter 24 horas de luz.
Temperatura mínima rexistrada:-38 ºC(1918)
Temperetura máxima rexistrada:30,5 ºC(1939).
As rochas dominantes son o basalto e as lavas.
O releve do interior do país é unha meseta formada por desertos, montañas e glaciares. O monte máis alto é o Hvannadalshnjúkur (2.109,6 m)
En Islandia hai 33 volcáns.
Principais recursos: pesca e agricultura.
Recursos enerxéticos: o 80% é de enerxías renovables: xeotérmica e hidráulica. É un dos poucos países que conta con estacións de hidróxeno para coches con pilas de combustible. O 90% das casas quéntanse con enerxía xeotérmica, con vapor obtido a1.000 mde profundidade e240 ºC.
Flora: a árbore máis común é o bidueiro (Betula pubescens). Gran variedade de brións e liques. Só o 23% do país está cuberto de vexetación, unha gran parte prados para o gando.
Fauna: raposo ártico, baleas, candorcas, focas, golfiños, aves mariñas, 1.300 especies de insectos..
Parques Nacionais: Vatnajökull, Snæfellsjökull e Þingvellir
Parque Nacional de Snæfellsjökull
Erupción del Eyjafjallajökull de 2010