A invisibilidade xa é posible

3 Abril 2012
invisible

Dende que éramos pequenos imaxinábamos cómo sería poder ser invisible. Poderíamos entrar ó cine gratis, escoitar conversas alleas e mil e unha cousa máis. Pero sempre considerábamos a invisibilidade como un elemento das películas fantásticas. Sen embargo, gracias ó avance da ciencia e ós novos descubrimentos, facerse invisible está cada vez máis próximo ó noso alcance.

 

Uns científicos da Universidade de Texas conseguiron crear un material que permite envolver un obxeto en tres dimensións e facelo invisible dende calquera ángulo. Os autores desta investigación, que se publicou no “New Journal of Physics”, indican que xa foran capaces de ocultar obxectos bidimensionais pero nunca tridimensionais.

Para realizar esta incríble contenda, os investigadores utilizaron o “ocultamento plasmónico” e lograron así facer invisible un cilindro de18 centímetrosdentro do espectro electromagnético das microondas.

Ata o de agora, todos os avances con respecto ó ocultamente foron posibles coa utilización de metamateriais que se basan na transformación. Estos materiais artificiais non son homoxéneos e teñen a capacidade de curvar a luz que chega ós obxectos, de forma que esta pase ó redor de dito obxecto. Sen embargo, estes científicos innovaron a técnica e utilizaron un material artificial chamado “metamaterial plasmónico”

Para facilitar a explicación deste fenómeno, os científicos indican que no momento en que a luz golpea o obxecto, rebota na súa superficie cara outra dirección. A razón pola cal podemos ver os obxetos é que os raios de luz rebotan dos materiais ós nosos ollos e así mesmo, os nosos ollos son capaces de procesar a información. Non obstante, os metamateriais plasmónicos teñen o efecto de dispersión frente ós obxectos.

Desta maneira, como sinalaba o profesor Andrea Au, científico do Departamento de Enxeñería Eléctrica e Informática da Universidade de Austin (Texas, EEUU), cando os campos dispersos da capa e do obxeto interfiren, anúlanse e como consecuencia, dito obexecto vólvese invisible a calquera ángulo de visión.

Este descubrimento trae consigo numerosas aplicacións, como a de facer invisibles as puntas dun microscopio. Sen embargo, tamén pode traer consigo consecuencias adversas, pois este gran avance é unha arma de dobre filo, e moi perigosa. 

invisible1