Investigamos as propiedades do aire
Experimentos co aire
2 Marzo 2012
Presentamos aquí un traballo realizado no ano 2010 por un grupo de alumnos e alumnas que agora están en terceiro de ESO.
A idea era facer un proxecto no que cada equipo explicase unha característica do aire mediante un experimento que tiña que realizar e fotografar para, entre toda a clase, facer unha presentación.
Para rematar fixemos dúas actividades colectivas fóra: un concurso de avións de papel e outro de barcos con materiais reutilizados. Foi unha actividade moi instructiva e moi divertida, aínda que deu o seu traballo.