A intelixencia nas matemáticas é cousa dos xenes
A xenética é o campo da bioloxía que busca comprender a herdanza biolóxica que se transmite de xeración en xeración. Estes últimos días saíu un estudo, publicado na revista Learning and Individual Difference que di que as matemáticas, unha difícil materia para moitos, podería ter unha estreita relación con determinados factores xenéticos, segundo confirmou unha recente investigación da Universidade de Granada.
Tal e como explica o estudo, existe unha estreita relación entre o rendemento en matemáticas e a exposición á testosterona do feto durante o embarazo. Na investigación participaron 516 estudantes do primeiro curso da facultade de Empresariais da Universidade de Granada, e para calcular a exposición de cada un deles á testosterona durante o seu desenrrolo fetal, recurriuse á medición do chamado ‘digit radio’, un parámetro que mide a ratio entre o dedo índice e o dedo anular.
Segundo este parámetro, aqueles que tiveron unha carga máis alta de testosterona no ventre materno presentan un dedo anular máis longo. En xeral, os nenos reciben unha dose máis alta cas nenas, polo que o ‘digit radio’ é menor nos varóns.
Os resultados do estudo revelaron que uns niveis intermedios do ‘digit radio’ asócianse a bos resultados en matemáticas, pola contra, tanto os ‘digit radio’ altos como baixos, mostraban peores resultados. Ademais, a relación entre este biomarcador e as notas desta materia non presentaban diferencias entre homes e mulleres, o que nos leva a conclusión que o xénero non inflúe para nada.
Para afianzar esta teoría, a autora principal do traballo e directora do departamento de Economía aplicada da universidade, Ángeles Sánchez-Domínguez, explica que este patrón no se encontrou en outras materias, só en matemáticas, o que se supón que existe unha relación entre esta disciplina e o ‘digit radio’, independentemente de se o alumno leva un expediente alto ou baixo no resto de materias.