Incógnita líquida

Estudios recentes parecen descartar que a auga da Terra puidera proceder de cometas
8 Febreiro 2015
Cometa colisión

Se existe unha característica propia do home, é a de ter capacidade de razoamento, o que o leva a reflexionar sobre as cousas que o rodean e a facerse preguntas, algunhas sen resposta, que constitúen as incógnitas do ser humano. Entre elas, atópase a da orixe da auga.

Grazas ó avance da ciencia, na actualidade existen dúas teorías que explican a orixe da auga: a teoría volcánica e a teoría dos corpos extraterrestres. Ambas seguen a ser discutidas por científicos que se sitúan a unha e outra posición.

A teoría volcánica postula a formación da auga no centro da Terra por reaccións entre átomos de osíxeno e hidróxeno. As moléculas formadas serían expulsadas á superficie en forma de vapor, do cal unha parte pasaría a formar parte da atmosfera primitiva e a outra condensaría formando a auga que actualmente se atopa na superficie terrestre.

A outra teoría, máis recente, atribúe a orixe da auga a colisións de meteoritos que a contiñan en forma de xeo, e que a liberaron na colisión.

Cando esta última foi dada á luz, recibiu numerosas críticas e censuras, pero o posterior achado de evidencias que apoiarían a apoiaban, produciu un cambio de actitude respecto a ela, sendo aceptada por algúns científicos.

Para tratar de confirmar esta hipótese, chegaron a investigarse ata dez cometas pertencentes á denominada Nube de Oort, atopándose en todos eles unha proporción de deuterio máis elevada ca terrestre.

Estre achado podería ter suposto a fin da investigación pola verificación de que a teoría era errónea, mais ó tratarse todos de cometas de longo período, aínda quedaba a esperanza de que un cometa de curto período cambiase o rumbo dos resultados.

Sonda Rosseta

Isto ocorreu cando no cometa 103P/Heartly 2, puido observarse que a proporción de deuterio era similar á da Terra. O debate volveu a abrirse e entrou en escena o Rosetta, un cometa de curto período que contiña o triplo de deuterio ca o que hai na Terra.

Por isto, o próximo candidato son os asteroides, que teñen unha porcentaxe de auga moito menor cá dos cometas, pero cuxa proporción de deuterio é igual á da Terra. A única incógnita que amosan estes é o reducido número de colisións na superficie do Planeta Azul, o que dificulta o posibilidade de que estes formaran os océanos terrestres.

Por todo isto, a orixe da auga terrestre seguirá sendo, de momento, outra incógnita para o ser humano.