Incendio en Pena Trevinca

11 Marzo 2015
incendio en Trevinca

Un incendio calcina case 200 hectáreas en Pena Trevinca, unhas das zonas de Galicia de maior valor ecolóxico protexida na rede Natura 2000.

O lume comezou o domingo 8 de marzo e tardou dous días en ser extinguido. Comezou en dez focos simultáneos, nalgúns casos a carón da neve, como se pode ver na imaxe realizada polo Hotel da Fonte da Cova. O terreo afectado pertence á parroquia de Casaio no concello de Carballeda de Valdeorras e unha parte está en zona protexida, nas proximidades do Teixidal de Casaio, un dos bosques de maior valor do territorio galego.

incendio en Trevinca

Foto realizada no Hotel Fonte da Cova