Impresión 4D, o futuro
O Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT) ten un gran laboratorio dedicado ao autoensamblaxe, e o director deste laboratorio é Skylar Tibbits, o precursor dun novo proxecto de impresión 4D que presentou nunha conferencia en TED.
Desta forma obsérvase a rapidez do avance científico, posto que pouco despois do despegue das impresoras 3D naceu esta cuarta dimensión.
Para traballar neste novo proxecto, Tibbits utilizou unha impresora 3D deseñada para fabricar material con varias capas. O que a diferenza desta, é que a impresión 4D conta cun código xeométrico baseado nas medicións de cómo se debe transformar o obxecto ao enfrontarse ás forzas externas coma é a auga, os movementos ou o cambio de temperatura. Desta maneira, o código determina os ángulos, o número de veces e a dirección na que un material debe curvarse ou dobrarse, é dicir, reestruturarse, nun proceso denominado autoensamblaxe.
Primeiramente tratáronse de deseños tridimensionais feitos nun material que foi programado para cambiar de forma ao mollarse coa auga. Por exemplo, a creación dunha prancha rectangular que ao mergullarse se transforma nunha caixa, ou a creación de canos programados para expandirse en función do caudal de auga ou repararse así mesmos se rompen.
Este descubrimento permítenos facer grandes avances en case todos os campos. Así é que están comezando a construír un nano-robot utilizando a impresión 4D, creado a partir de tiras de ADN en forma de caixa que almacenan no seu interior unha substancia que se liberaría só cando entrara en contacto coa célula infectada e grazas ás súas propiedades, non cando entrase en contacto coas células sans. Polo que nos permitiría transportar, por exemplo, fármacos antitumorais contra as células malignas de pacientes afectados por cancro, ou doutras enfermidades que poderían ser erradicadas.
Tamén se poderían utilizar en materiais de auto-montaxe en condicións extremas nas que a construción convencional é demasiado cara ou non factible.