A importancia de coidar da auga
3 Decembro 2014
O pasado luns tivemos unha charla impartida por Manuel Domínguez (Ventos-Estudos Ambientais) e organizada pola emprexa de xestión da auga Viaqua.
Contounos o importantes que é que adquiramos condutas correctas de manexo da auga, especialmente como evitar contaminala coas nosas actividades do día a día e como aforrar no seu consumo. Tamén nos ensinou unha maqueta de depuradora e explicounos o seu funcionamento.
Ademais animounos a que participemos no concurso de microrelatos relacionados coa ciencia que convoca esta empresa e que están dotados cun premio de 500 euros e a que tentasemos ser creativos e orixinais. Púxonos algúns exemplos que vos achegamos.