Impacto

Chuvia de meteoritos en Rusia
7 Marzo 2013
meteorito Rusia

O venres 15 de Febreiro  impactou un meteorito en Rusia que ocasionou máis de 1.000 feridos  na rexión de Chelvabink, nos Urais rusos. O impacto deste meteorito é o maior producido por un corpo celeste nos últimos 100 anos.

O meteorito medía uns 15 metros no momento no que entrou na atmosfera e tiña una masa dunhas 7.000 toneladas, viaxaba a unha velocidade de 54.000 km/h. A enerxía que desprendeu no o impacto foi de centenares de kilotóns. A onda expansiva ocasionou danos en máis de seis cidades, deixando un total duns 1.200 feridos, causados pola rotura dos cristais dos edificios, e provocou tamén o corte das comunicacións telefónicas.

Este acontecemento sucedeu unhas horas antes de que o asteroide 2012 DA14pasara relativamente preto da Terra. Pero os científicos pensan que estes dous fenómenos non están relacionados.

meteorito Rusia-1