As illas Diómedes

10 Marzo 2013
Diómedes

Aproveitando unha presentación que atopamos na Internet traemos aquí unha pequena visita imaxinaria ás Illas Diómedes, coñecidas en Rusia co nome de Illas Gvozdev.

Son dúas illas rochosas de dimensións reducidas situadas no medio do estreito de Bering, entre o mar de Chukchi e o mar de Bering, entre a península de Alaska (Estasdos Unidos) e a península de Chukotka (Siberia). As illas están separadas por unha fronteira internacional, situada aproximadamente a 1,5 km de cada unha. Entre elas atravesa tamén a línea internacional de cambio de data, de maneira que cando son as 00:00 na Diómedes rusa, son as 03:00 do día anterior na Diómedes estadounidense. No inverno a canle que as separa conxélase e pódese pasar andando de Estados Unidos a Rusia (de América a Asia).