A illa de Sálvora

23 Maio 2014
Sálvora

Sálvora é a máis grande dun arquipélago que está situado na boca da ría de Arousa e forma parte do Parque Ncional das Illas Atlánticas.

Ten unha superficie de 1,7 km2 e está formada por granito vermello. Ten un perfil chan, algo máis escarpado polo sur, cunha altura máxima de 72 m no alto das Gralleiras.

Estivo ligada desde hai 450 anos aos donos das Torres de Goiáns, logo foi do Marqués de Revilla e actualmente é da Xunta de Galicia. En 1870 instalouse alí a primeira fábrica de salga da ría de Arousa. A aldea chegou a contar con 50 habitantes a mediados do século XX. Está deshabitada desde 1960.

A meirande parte da illa está cuberta de mato de toxo e na zona central hai plantacións de eucaliptos. No mar hai unha gran diversidade de algas. Nos cantís aniñan gaivotas e corvos mariños cristados. Os seus propietarios Introduciron especies cinexéticas como faisáns, coellos, perdices e cervos. Nos fondos mariños hai unha gran riqueza faunísticas: peixes, crustáceos, moluscos, anémonas…

Para acceder á Illa hai que contactar con algunha das empresas navieras que fan viaxes autorizados. Hai saídas durante o verán desde distintos puntos da ría de Arousa (O Grove, Cambados, Vilagarcía, Ribeira…). Unha vez na illa podemos facer a ruta do Faro (1,3 km desde o porto), a que vai ata a aldea abandoada (1,5 km) ou unha ruta completa de ida e volta de aproximadamente 4,6 km.

Sálvora-m