A iguana
As iguanas ou iguánidos (Iguanidae) son unha familia de réptiles escamosos que viven nas zonas tropicais e ecuatoriais de América, en Madagascar e as illa Fiyi.
Todas as iguanas teñen patas moi curtas e cinco dedos en cada pé, acabados en garras moi afiadas. A súa cola é longa e delgada e está coroada por unha ringleira de afiadas escamas dorsais. Teñen unha bolsa gular na gorxa e unha orla dorsal que os machos utilizan para marcar o seu territorio. Son coñecidas polas súas espectaculares exhibicións nos rituais de defensa e cortexo, nos que levantan o corpo mentres axitan con forza a cabeza de arriba a abaixo.
En xeral son de hábitos diurnos e terrestres e, ás veces, arborícolas e mariños. A maioría aliméntanse de vexetais.
Existen arredor de 300 especies de iguana. A máis coñecida é a común (Iguana iguana), de cor verde brillante con algunhas bandas transversais escuras na cola.