A idade do corazón
Antes de comezar debemos asegurarnos de que sabedes ben que é o corazón. O corazón é un órgano muscular, e o principal do sistema circulatorio. O corazón do ser humano é oco e está situado na cavidade torácica. A súa función é a de impulsar o sangue por todo o corpo.
As enfermidades cardiovasculares son as enfermidades relacionadas co corazón, as arterias e as veas. Estes problemas son tratables e reversibles con dieta e coa reducción do estrés.
As consecuencias máis habituales das enfermidades cardiovasculares son aneurismas, infartos, arritmias, e apoplexías.
-As aneurismas son globos cheos de sangue que se adhiren ás paredes dos vasos sanguíneos. Cando o tamaño deste globo é significativo, é posible que rompa provocando hemorraxias ou a morte.
-O infarto agudo de miocardio, tamén coñecido como ataque ó corazón, prodúcese por unha obstrucción nunha das arterias coronarias. A deficiente cantidade de osíxeno pode provocar a morte do tecido cardíaco.
-As arritmias son trastornos no pulso cardíaco, e poden producir desmaios, mareos, vértixess, dificultades respiratorias...
-As apoplexías, tamén coñecidas como ictus, ocasiónanse cando hai unha diminución considerable do fluxo sanguíneo cerebral.
Tras o aumento do desenvolvemento destas enfermidades, científicos do Reino Unido propoñen para evitalas, diversas recomendacións, ademais dun novo método de avaliación: a calculadora de risco cardiovascular, creada para axudar a comprender o risco acumulado ó longo da vida e como diminuilo, xa que a sociedade subestima as enfermidades cardiovasculares, que comezan xa a desenvolverse dende a infancia.
Esta calculadora xoga con factores hereditarios e co estilo de vida do usuario para predecir cantos anos poden pasar antes de sufrir un ataque cardíaco ou un derrame cerebral e a idade do seu corazón.
Malia que as mortes por enfermidades cardiovasculares se reduciran nun cincuenta por cento nos últimos 50 anos, aínda queda moito por lograr na prevención destas enfermidades, polo que se espera que esta calculadora comece a formar parte do programa do Servicio Nacional de Saúde de Inglaterra, dirixido a persoas de entre 40 e 75 anos de idade.