A hortensia

15 Febreiro 2014
hortensia

É unha planta orixinaria do Xapón moi coñecida na nosa zona que destaca polas grandes iflorescencias esféricas, moi decorativas e de cores variadas.

A hortensia cultívase dende tempos remotos coma planta ornamental no Xapón, e dende mediados do século XIX en moitas zonas do mundo con climas temperados.

Cultívanse máis de 600 variedades de xardín con flores de diferentes cores.

Os xardineiros poder determinar a cor das flores engadindo determinados tipos de correctores de solo para alterar a acidez. A adición coidadosa de carbonato sódico no chan pode producir unha floración multicolor. En Galiza, pola acidez dos solos, a flor acostuma ser máis azul que rosada.