A hormona da felicidade
As hormonas son substancias químicas segregadas polas glándulas endócrinas e que van directamente ó sangue. A súa función é regular os procesos físicos vitais.
Asociamos a testosterona coa agresividade e a excitación física, os cambios de serotonina co benestar e a tristeza, a dopamina co pracer e a motivación, e a oxitocina coa confianza e o amor.
A OMS establece a felicidade como un dereito humano básico. Dende un punto de vista psicolóxico, cada persoa avada a felicidade dunha determinada maneira, pero dende un punto de vista biolóxico todos a procesamos da mesma forma.
Conforme uns científicos da Universidade de California (EEUU), a felicidade maniféstase mediante a liberación dunha hormona chamada hipocretina que funciona como neurotransmisor. A hipocretina aumenta cando as persoas se senten felices, e diminúe cando están tristes. Os científicos descubriron que os niveis de hipocretina non están relacionados ca excitación en xeral. Pero si aumentaba cando os pacientes sentían emocións positivas, ou mediante a interacción social, e tamén os niveis de hipocretina aumentaban ó espertar do sono. Por isto poida que o aumento da hipocretina se use como un tratamento contra a depresión, xa que eleva o estado de ánimo e de alerta no ser humano.