Holoturia como complemento nutricional

2 Maio 2015
holoturia

holoturia é un animal invertebrado do grupo dos holoturoideos; equinodermos que viven nos fondos dos mares. A súa aparencia é vermiforme cun corpo alongado e brando.

Estas destacan pola súa interesante composición dende un punto de vista nutricional como veremos agora, xa que conteñen vitaminas como a tiamina (B1)riboflabina (B2) e Niacina (B3), minerais…

Polo dito anteriormente, hai uns días a holoturia pasaba a proba do gusto para facerse un gran alimento da gastronomía como produto galego xa que é capturado pola flota da comunidade. A empresa galega Ebiotec conseguiu atopar as propiedades proteicas, antioxidantes e cardiosaudables do coñecido como “carallote” ou “esparteña”, obténdose tamén por primeira vez no mundo, un nutracéutico, isto é, un complemento nutricional, a partir deste animal, a holoturia.

holoturia1

Este é outro dos logros do proxecto Holoturia, liderado pola Cooperativa de Armadores de Vigo no que están embarcados armadores, acuicultores, transformadores e farmacéuticos. Neste último campo atópase Ebiotec, con sede en Bergondo, que estudou as tres especies máis comúns obtidas polos galegos. Analizou Parastichopus regalisParastichopus tremulus e a Holothuria forskali. Esta última foi a que mellor resultados bioactivos aportou, segundo o equipo liderado polo doctor Iván Carrera, que dirixe o departamento de Biotecnoloxía da Saúde.

O grupo Ebiotec, tras investigar as súas características organolépticas, toxicolóxicas e biofuncionais, descubriu os beneficios cardiosaudables da holoturia. Así naceu o Hol-15, nome comercial provisional dun produto que se poderá adquirir en pouco tempo en farmacias, parafarmacias, herboristerías. Virá en cápsulas ou en po para tomar coas principais comidas do día e con demostrados beneficios a nivel cardiovascular.