Historias do Asorey. Exposicións
Desde hai moitos anos o Departamento de Ciencias do noso centro ten por costume realizar exposicións periodicamente de diferentes temas relacionados coa ciencia e a tecnoloxía.
Alternamos traballos de elaboración propia, na que alumnado e proferorado realiza textos, busca imaxes e deseña a montaxe; con traballos cedidos por outras institucións e asociacións.
Algunhas exposicións quedan expostas permanentemente no centro para seren empregadas nas clases, como as dos minerais e rochas ou as cunchas. Outras forman parte do noso arquivo e pódense consultar a xeito de libro-album ou volver a expoñerse máis adiante.
Tamén cedemos os nosos traballo a outros centros que o soliciten.
Presentamos quí unha escolma de imaxes que resume a nosa actividade desde o ano 1988.