Historias do Asorey. A Contorna, O Monte do Rei.
24 Marzo 2016
Traballo realizado polo alumnado de 1º de ESO con fotos propias e do profesorado feitas nas diferentes saídas nas que se recolleron datos sobre o ambiente a flora a fauna, os usos...
O Monte do Rei,chamado tamén Pinal do Norte, está situado ao sur do concello de Cambados, nas proximidades do río Umia e a 400 m de instituto. Tem unha superficie de 14 ha e unha altitude máxima de 33 m. É de propiedade particular
É un pequeno monte arborado con algúns cultivos. A maior pendente dase cara ao sur onde está rodeado por un muro de pedra. Hai varios afloramentos graníticos en forma de laxes e cons e noutros tempos foron explotados en varias canteiras. Está atravesado polo camiño que vai de Uso da Torre á Barca e por el pasa un sendeiro natural.