Historias do Asorey. A Contorna, O Monte da Pastora.

24 Marzo 2016
Monte da Pastora, Cambados

Traballo realizado polo alumnado de 1º de ESO con fotos propias e do profesorado feitas nas diferentes saídas nas que se recolleron datos sobre o ambiente a flora a fauna, os usos...

O Monte da Pastora está situado no concello de Cambados a 800 m do Instituto. Desde o cume vese a Ría de Arousa, o esteiro do Umia e parte de Cambados e o val do Salnés. Ten unha altitude máxima de 58 m e é de propiedade municipal e particular

A maioría é parque público e está axardinado, a zona particular está cultivada. Ten un pequeno parque infantil, un miradoiro, unha capela dedicada á Virxe Pastora e un centro da terceira idade. É lugar tradicional de romería e paseo para a xente de Cambados.

Hai restos de valados castrexos e documentación que indica que estivo poboado no neolítico.

Consérvanse lendas e contos. Antigamente chamábase castro de Santa Mariña.