Historia dos Beléns

5 Xaneiro 2012
Belén-t

É unha tradición cristiá, especialmente dos católicos, que se celebra en moitos paises europeos (Italia, España, Portugal, Francia, Alemania, Austria, Hungría, Chequia, Eslovaquia, Polonia...) e de América, especialmente América Latina.

A primeira representación dun Belén da que se ten noticia fíxoa San Francisco de Asís, na noite 24 de Decembro de 1223. Celebrou misa nunha cova de Greccio empregando un pesebre como altar e empregou animais para representar o ambiente do nacemento de Xesucristo.

A orde franciscana popularizouna a partir do século XIV por toda Italia e de alí estendense a outros países. Nun comezo facíase nas igrexas e máis tarde comezaron a montarse nas casas das familias aristocráticas. En España popularizounos o rei Carlos III.

A primeira empresa que fabricaba figuras de beléns fundouse en París en en 1465.

Na actualidade realízanse moitos tipos de beléns: representacións con persoas e animais sobre un decorado, figuras comerciais, montaxes con movemento, e todo tipo de material reutilizado.

 

See video