A herba luísa
A herba luísa é unha planta aromática que se caracteriza por un olor semellante ó limón.
É unha planta plurianual orixinaria de Sudamérica, onde medra silvestre. As súas follas teñen unhas glándulas visibles que son as que soltan o aroma.
Emprégase como planta ornamental, en gastronomía, cosmética (perfumes, xabóns, aceites esenciais...), como planta medicinal... A súa infusión utilízase como dixestiva carminativa e antiespasmódica, para casos de dispepsia ou dores de estómago. Consúmese tamén como sedante lixeiro. Posúe unha importante cantidade de melatonina, substancia que se usa como relaxante natural e que favorece ó sono nocturno.
A heba luísa é unha das sete herbas máxicas de San Xoán. Era considerada boa para os amoríos. Tamén se asocia coas troulas e festas nocturnas.