Halitose
A halitose, máis coñecida como mal alento, afecta ao 60% da poboación mundial nalgún momento da súa vida, e adoita producirse debido a unha mala hixiene bucal ou a alteracións periodontais, xa que só un 10% dos casos están relacionados con outras enfermidade,s como problemas respiratorios ou doenzas estomacais.
A primeira vez que se documentou un caso de halitose foi en 1874, e non foi ata o s. XX cando apareceu a termo bad breath, que significa mal alento en inglés. Dende entón están á venda miles de colutorios que prometen un alento fresco e duradeiro.
As causas máis habituais da halitose son infeccións das vías respiratorias, bronquite crónica, sinusite, diabetes e trastornos gastrointestinais, aínda que a halitose tamén pode ser síntoma de anemia, deshidratación e, en casos moi graves, cancro pulmonar.
Aproximadamente o 2% das persoas que afirman sufrir halitose en realidade sofren halitofobia, que provoca a sensación de sufrir halitose, polo que a persoa afectada sente inseguridade á hora de falar con outras persoas e adoitan lavar os dentes continuamente. A halitofobia, na maior parte dos casos, require asistencia psicolóxica ou psiquiátrica.
E quen é o causante de todo isto?
O principal causante da halitose é o sulfuro de hidróxeno (H2S), o cal tamén produce o cheiro a ovos podres. Este sulfuro é producido polas 600 especies distintas de bacterias que habitan na nosa boca, e que se alimentan dos restos proteicos da comida.
O mal alento aumenta pola mañá porque cando durmimos o fluxo de saliva redúcese e isto favorece o crecemento de bacterias.
Que facer para evitalo?
O modo de evitalo é tratar de non consumir os alimentos que contribúen á halitose (cebola, allo, café…). Ademais, o consumo de tabaco axuda á halitose, polo que debe de reducirse ou anularse.
Tamén se reduce a halitose cepillando os dentes tres veces ao día, raspando a lingua cun raspador especial e usando seda dental.
Obviamente, hoxe en día hai moitos máis métodos para detectar a halitose antes e poder poñerlle freo.