A guerra dos móbiles
Hai pouco máis de 20 anos case non había teléfonos móbiles, moi poucos podían pagar o equivalente en pesetas a máis de 3000 € por uns aparatos que case non tiñan cobertura e pesaban máis dun quilo.
Hoxe en día moitos os consideran imprescindibles para a súa vida, resultan moi económicos e incorporan outras «utilidades».
Pero a evolución máis evidente foi a redución en tamaño e o aumento da autonomía das baterias. Para isto foi necesaria a utilización de novos materiais na elaboración de compoñentes electrónicos, e sobre todo o coltan, que no 60% da súa produción mundial emprégase na fabricación de móbiles. O 80% das reservas mundiais deste mineral atópanse na República Democrática do Congo, nación asociada a continuos conflitos bélicos. O último destes é a chamada Segunda guerra do Congo ou Guerra do coltan, resultante da loita por facerse co control da produción do coltan e outros minerais por parte de outros estados e grupos armados locais, que contan co apoio de multinacionais que buscan asegurarse o acceso a esta materia prima e ocultan esta situación baixo un conflito étnico.
A extracción deste mineral realízase en condicións de esclavismo, con abundante man de obra infantil, e con unha alta mortalidade. Os cartos recadados en orixe serven para comprar máis armas que prolongan esta guerra que xa levou consigo cerca de cinco millóns de vidas humanas, fundamentalmente poboación civil. Ademais a estensión destas explotacións mineiras destrúen os hábitas naturais da fauna autóctona, sobre todo no caso do gorila e o chimpancé, que están a sufrir drástico descensos nas súas poboacións.
Pero moito máis do que eu vos poida contar podedes velo neste vídeo, visualmente non resulta moi atractivo pero contén moita información interesante e clarificadora. Non deixedes de velo e despois reflexionade sobre o voso papel como consumidores.
O coltan ou coltán é unha mestura de dous minerais: columbita, da que se extrae o niobio, e tantalita da que se extrae o tántalo, dous elementos caros e raros na natureza, moi importantes para a industria electrónica e das comunicacións: teléfonos móbiles, ordenadores, GPS, consolas, MP3, MP4, reprodutores de DVD, satélites...