Guangxi, un dos tesouros da China

19 Abril 2014
Guangxi

Achegamos unha presentación da Internet que nos ofrece unha mirada á rexión china de Guangxi, para facer algo de turismo cultural e natural, aínda que sexa de xeito virtual.

Guangxi é unha rexión do sur da China que conta cunhas paisaxes espectaculares (montañas, bosques, covas, ríos, lagos, fervenzas, socalcos adicados ao cultivo de arroz…), unha flora e fauna moi interesante e unha moi rica cultura. Conta con seis reservas naturais, once parques forestais e numerosos elementos de patrimonio protexidos.