Grandes seres

2 Maio 2015
lura xigante

Foron protagonistas de series e películas, mitos que se remontan á época dos romanos, e apodado kraken  polos escandinavos. Estes seres son o calamar xigante e o calamar colosal.

Existen diversas diferenzas entres estes dous tipos de calamar ou lura. O calamar xigante (Architeuthis) é un cefalópodo que habita practicamente nos mares de todo o mundo. Pode chegar a medir 14 metros de lonxitude e pesar arredor de 250 kg e é cosmopolita. Pódese observar en diversos lugares aínda que non é sinxelo. Foi avistado nas costas de Asturias e tamén nas illas Canarias e Xapón entre outros. Adoita vivir en augas temperadas e non é comestible porque contén unha cantidade alta de amoníaco. Ten oitos brazos, dos cales dous son claramente máis longos para cazar as súas presas. Ao parecer non se coñece exactamente de que se alimentan, pero atoparon no estómago de algún diversas especies de peixes e crustáceos.

lura xigante1

Por outro lado, atopamos o calamar colosal (Mesonychoteuthis hamiltoni), un cefalópodo que habita principalmente na Antártida. É un ser mariño máis complicado de observar xa que adoita vivir entre 800 e 1.500 metros de profundidade. Pode chegar a medir 10 metros de lonxitude e pesar máis de 450 kg. Os seus tentáculos son máis curtos ca os do calamar xigante e descoñécese o seu tipo de alimentación. Apenas hai máis información desta gran lenda, que posúe diversos misterios. Parte da información que se coñece destas especies, conseguiuse mediante a aparición de exemplares que se atoparon en estómagos dalgúns cachalotes.