Gorxa do Cares
A Ruta da gorxa do Cares é unha das máis transitadas dos Picos de Europa e unha das máis coñecidas de Europa.
O pasado ano o Parque Nacional dos Picos de Europa recibiu 1,7 millóns de visitantes dos que máis de 460.000 fixeron a ruta do Cares a pé.
A ruta discorre polo canón do río Cares, coñecido tamén como a Gorxa Divina, entre Puente Poncebos (Asturias) e Caín e Posada de Valdeón (León). Pódese facer completa en calquera dos dous sentidos ou por tramos. O máis concurrido é o tramo entre Poncebos e Caín.
O camiño abriuse entre 1945 e 1950 para o mantemento da canle da central hidroeléctrica de Camarmeña-Poncebos que fora construída entre 1916 e 1921. O camiño ten1,5 mde ancho, con poucos desniveis, e vai todo o tempo pola beira de altos cantís ou excavado na rocha.
As rochas da zona son calcárias de cor gris nas que a erosión formou arcos, covas e multitude de formas curiosas que fan que a paisaxe cambie a cada volta.