Google investiga unas lentillas para diabéticos

Medirán o nivel de glucosa nas bágoas cada segundo
28 Xaneiro 2014
lentes google

As lentes pasaron xa por unha serie de ensaios  para mellorar o prototipo

As famosas Google Glass foron só o primeiro paso. Nos laboratorios de investigación e desenvolvemento de Google ensaian xa con lentes de contacto intelixentes que será posible levar sempre postas, a diferenza das gafas, estas lentillas non están pensadas para mostrar información no campo de visión do usuario. Servirán para medir o nivel de glucosa nas bágoas, axudando ás persoas diabéticas que teñen un control máis preciso que o que se consegue cós actuais sistemas de análise de sangue.

Os datos obtidos almacénanse nun chip integrado na  lente que os transfiren a un móbil mediante radiofrecuencia. O mesmo sistema servirá para recargar as lentillas, que consomen moi poca enerxía.

lentes google1

O prototipo fabricado por Google usa unha pequena antena anular e dous procesadores -un para medir o nivel de glucosa e outro para xestionar as comunicacións-. Todos os compoñentes sitúanse entre duas capas do mesmo material que usan as lentillas normais. Google estuda tamen engadir unha pequena luz LED que parpadearía no campo de visión do usuario no caso de que os niveis de glucosa, se son demasiado baixos ou altos, aínda que asegura que a investigación está nunha fase moi temperán e as características definitivas poderían variar ó longo dos próximos meses.

lentes google2

As lentillas xa pasaron por unha serie de ensaios para resolver algún posible problema do prototipo inicial. "Estamos en conversacións coa Administración de Alimentación e Medicinas (FDA) para transformar esta tecnoloxía nun producto viable", aseguran os enxeñeiros Brian Otis e Babak Parviz, impulsores do proxecto dentro de Google X, rama de proxectos especiais de Google, onde tamén ensaian produtos de robótica, transporte (coñecido coma o vehículo autónomo) e a informática "vestible".

Google, en calquera dos casos, non comercializará o proxecto por conta propia senón que licenciará a tecnoloxía a terceiras compañías.