Como funciona: unha palliña para beber
5 Outubro 2014
Todos sabemos que para beber un líquido cunha palliña o único que hai que facer é chupar a través dela como se collésemos aire para respirar.
Cando succionamos calquera bebida a través dunha palliña a dilatación dos nosos pulmóns fai que diminúa a presión do aire contido nela e na cavidade da boca, co que se produce un aumento da diferencia de presión atmosférica con respecto ao exterior. A presión do aire de fóra, ao ser maior que a interior, empuxa do líquido e faino subir pola palla.