Como funciona: a prensa do viño

28 Novembro 2013
prensa viño1

A prensa de viño é unha máquina que se usa principalmente nas datas da vendima para estruchar as uvas.

Está formada por unha base circular de pedra ou de metal cun reborde e unha saída para deixar cair o viño estruchado a un recipiente. No centro da base érguese un eixo vertical roscado polo que se despraza un torno e arredor colócanse un casco cilíndrico de duelas de madeiras para conter as uvas.

Cando se carga a prensa póñense enriba das uvas unhas portas circulares e spre elas báixase o torno. Para axustar a altura colócanse pares de calzos (pezas de madeira). Prénsase coa axuda da panca ou brazo para gañar potencia.

Na nosa zona tamén se chama lagareta.

prensa viño-d
prensa viño