Como funciona: un péndulo de ondas

12 Xuño 2013
péndulo ondas

O péndulo de ondas é unha máquina da que colgan quince bólas esféricas a diferente altura, en orde ascendente ou descendente, e cada esfera ten unha velocidade de oscilación diferente e por esta razón o seu movemento é descoordinado.

Ao inicio do movemento móvense coordinadamente, logo viaxan descoordinadamente, nas diferentes fases cambian o seu movemento constantemente pola súa distinta velocidade de oscilación, o periodo de oscilación calcúlase coa seguinte fórmula, T2=(4π/g) L . Esta fórmula determina a relacion entre a lonxitude do fío do que penden as esferas e o período (g = 9,81 m/s2).

Aos sesenta segundos de iniciarse o movemento, volven á fase inicial na que as quince bolas viaxan de forma coordinada durante un tempo definido e logo volven a viaxar de forma descoordinada ata que se complete o ciclo de sesenta segundos, isto repitese ata que finalice o movemento.

Para poder iniciar o movemento, é necesario un listón de madeira, no que as esferas deben repousar mentres o listón se eleva e logo déixanse caír as esferas para que executen o ciclo de sesenta segundos.

Este péndulo amosa as ondas que viaxan de forma visual cuns movementos ao azar.

Aquí vos deixo uns enlaces a videos para que o vexades graficamente: