Como funciona: o muíño hidráulico

1 Xuño 2013
rodicio

O muíño precisa auga como fonte de enerxía e pedras para conducir a auga e moer o gran para facer fariña.

A auga baixa pola canle e colle forza na rampa. Ao dar co rodicio este xira e a auga sae polo aliviadoiro. Ao xirar o rodicio fai xirar a moa (suxeita por medio do eixo e a segorella) e o millo que cae da tolva sae pola caneta e entra polo ollo da moa para saír convertido en fariña entre a moa e o pé. Co erguedoiro regúlase a separación entre a moa e o pé para moer máis gordo ou máis fino (o erguedoiro levanta ou baixa a viga que se conecta co eixo do rodicio cun enganches chamados segorellas.)

Para parar ou facer funcionar todo o mecanismo emprégase o pechadoiro que abre ou pecha e entrada da auga.

A enerxía da auga transfórmase en enerxía mecánica nas moas, que co seu peso e rozamento esmagan os grans dos cereais.

muíño debuxo