Como funciona. Un muíño hidráulico
2 Marzo 2013
Un muíño é un artificio para moer algo; o máis habitual son os cereais, especialmente o trigo e o millo.
Os muíños de auga (hidráulicos) construíanse á beira dos ríos, realizando unha presa para encorar auga e conseguir unha diferenza de altura.
A auga do encoro corre por unha canle ou cano e move unha roda con pás chamada rodicio, que á súa vez move as pedras do muíño. Ao conxunto formado polo encoro e máis o cano de alimentación do muíño chámaselle caneiro.
Este modo tradicional de obter enerxía mecánica utilizábase tamén noutros usos, como os batáns, os mazos ou as serrerías.
Actualmente, moitos dos encoros tradicionais empréganse para producir enerxía eléctrica.
´ Funcionamento dun muíño: