Como funciona: central hidroeléctrica

22 Maio 2013
central hidroeléctica

Unha central hidroeléctrica é unha instalación que aproveita a enerxía da auga para producir enerxía eléctrica.

As centrais hidroeléctricas transforman a enerxía potencial da auga encorada en enerxía cinética, e esta en enerxía mecánica de rotación no alternador para producir enerxía eléctrica. O rodete da turbina está unido por un eixo ao rotor do alternador. O rotor (parte que xira) contén un groso electroimán (un bloque de material magnético envolto nunha serie de espiras condutoras) e ao xirar cos polos excitados por unha corrente contínua, induce unha corrente alterna nas bobinas do estátor (parte fixa) do alternador. Esta corrente é de media tensión e de baixa intensidade. Mediante un transformador convértese en corrente de baixa intensidade e alta tensión para poder ser trasladada aos centros de distribución e consumo.

A enerxía eléctrica que producen as centrais non se almacena, prodúcese en función da demanda.

A potencia dun aproveitamento hidráulico depende da altura e do caudal (volume de auga que circula nun punto na unidade de tempo)          

As primeiras centrais hidroeléctricas eléctricas, máis coñecidas como fábricas de luz, eran de pequenas dimensións e subministraban corrente eléctrica a lugares próximos.

A primeiras centrais hidroeléctricas construídas en Galicia foron a de Segade, no río Umia (Caldas, 1874) e a de Caldas-Cernadas no río Anllóns (1897).

A primeira presa importante foi construída en A Capela, no río Eume (1898), e tamén no Eume se construeu en 1960 a primeira central de bóveda do Estado.