FS Canis Majoris
Ao longo da vida das estrelas, todas perden parte da súa masa superficial empurrada polo vento solar. Para as estrelas masivas, esta perda de masa pode chegar a supoñer unha fracción importante da súa masa. Na maioría dos casos pódese estimar moi ben a taxa de perda de masa e coincide cos valores observados, pero hai algunhas excepcións. É aquí, nestas excepcións, onde se sitúan as estrelas relativamente pouco luminosas FS CMa, que toma como prototipo á estrela máis coñecida deste grupo, a FS Canis Majoris.
A estrelas FS CMa parecen perder masa a un ritmo centos de veces superior ao que predí a teoría dos ventos para estrelas da súa mesma luminosidade e temperatura. Ademais, a masa perdida forma un denso disco de po quente ao seu arredor mediante algún mecanismo físico que non se logrou explicar aínda. Durante anos, os obstáculos que impediron investigar mellor a estes obxectos foron a súa escaseza e o feito de que todos eles estean localizados de forma illada.
Recentemente un grupo internacional liderado por investigadores do Centro de Astrobioloxía (CAB, CSIC-INTA) realizou un descubrimento que resulta crucial para axudar a comprender mellor as estrelas FS CMa. Mediante observacións realizadas co Telescopio Espacial Hubble e co espectrógrafo ISAAC do Very Large Telescope do Observatorio Europeo Astral (ESO) detectaron este tipo de estrelas en cúmulos masivos.
Estes cúmulos de estrelas son a ferramenta indispensable para estudar globalmente as estrelas e coñecer a súa evolución. Grazas a elo, púidose calcular de forma precisa a idade das estrelas deste tipo.
Ao ter poucos millóns de anos de idade, puidéronse descartar hipóteses anteriormente formuladas sobre a súa natureza que corresponde a estrelas de tipos evolucionados. Agora, plantéxase unha nova posibilidade sobre a orixe das estrelas FS CMa, que consiste en estrelas binarias en órbitas moi pechadas que acabarán por fundirse.
Outra vantaxe deste descubrimento, é que os investigadores deron cun novo método de detección destes obxectos, o que pode facer aumentar notablemente o número de novos descubrimentos de elementos deste tipo e mellorar o seu coñecemento.