As foxas oceámicas
As profundidades mariñas son un ecosistema descoñecido para os oceanógrafos, xa que en cada expedición científica a estes puntos de gran profundidade vólvese á superficie con novas criaturas descoñecidas para a ciencia.
Hai unhas 30 foxas profundas en todo o mundo e a maioría atópanse no Océano Pacífico. A última expedición foi realizada por un grupo de investigadores do “Oceanlab” da Universidade de Aberdeen (Reino Unido) ao punto máis remoto da foxa das “Novas Hébridas”. O descenso a 7.000 metros de profundidade do océano Pacífico inexplorado ata a data, revelounos que, ao contrario que nas Marianas, é habitual ver grandes crustáceos ou uns peixes semellantes aos congros, chamados brótulas, de máis de 1 metro de lonxitude. Normalmente aparecen en todas as foxas, pero en moi baixas cantidades, aínda que arredor das “Novas Hébridas”, estaban por todas partes.
Por outro lado nas foxas do Pacífico observáronse moitos exemplares de granadeiros pero nas “Nuevas Hébridas” non foron ollados. A explicación vén a que as brótulas están habituadas a vivir en ambientes con moi pouca abundancia de alimento, en cambio, os granadeiros necesitan unha gran fonte de alimento. O equipo de investigación do “Oceanlab” utilizou uns pequenos vehículos non tripulados que percorren o fondo mariño cun cebo sobre eles para atraer aos distintos organismos cara ás cámaras.