Fóra dos límites
O Laboratorio do Centro do Medio Ambiente da Universidade Politécnica de Cataluña detectou en Tarragona que os niveis dun contaminante derivado do petróleo (o 1,3 butadieno) superaban por dez os límites de calidade de aire establecidos na normativa internacional. O máis preocupante desta situación, ademais do feito de que esta substancia é canceríxena, é súa procedencia: emisións da planta química de Repsol.
Así, a presenza deste contaminante afecta á seguridade dos traballadores da planta e ó entorno en xeral.
Ademais, tamén se detectou que, ademais do butadieno, o benceno e o benzopireno tamén superan os límites permitidos, aínda que en menor medida.
Ó remate da Semana Santa realizarase unha reunión para contrastar os resultados de diversos estudos e tratar de alcanzar un acordo sobre as medidas a tomar para reducir a emisión desas substancias.
Ademais, os dirixentes da planta emisora aseguran respectar a normativa de saúde laboral e ter en conta a exposición do persoal a estes compostos, que segundo eles é mínima, algo sorprendente tendo en conta os niveis nos que se presenta no exterior.
O Goberno comprometeuse a revisar as condicións establecidas para reducir as emisións destas substancias nas instalacións e tratarase de iniciar unha serie de medidas para implantar sistemas de seguridade cara finais de 2015.
Ademais tratarase de crear unha Taula de Sostenibilitat Ambiental del Camp de Tarragona (Táboa de Sostibilidade Ambiental do Campo) co fin de dar a coñecer as medidas de prevención ambiental dos distintos sectores industriais.
A Táboa estará formada por representantes da Generalitat, da administración local da zona afectada, das universidades que investigan este tema, das entidades da sociedade civil, e da AEQT.