A física no día a día
Na vida cotiá a física está moito máis presente do que nós cremos. Grazas os coñecementos desta materia logramos realizar cousas tan básicas, como conservar os alimentos en frío, coa invención na neveira; ou todo o contrario, quentalos, co microondas.
Esta disciplina atópase moi presente na natureza, tan só temos que pararnos a observala. Bos exemplos disto son: o descubrimento da gravidade, cando Newton veu caer unha mazá ou a Máquina de Vapor (posteriormente perfeccionada por Watt), cando Newcomen decatouse de que o vapor da auga que se estaba cocendo nunha ola, movía a tapa.
Como non, a física tamén se atopa en algo tan simple como nos xoguetes e aparatos que se compran nun “Todo a cen”. Un profesor da universidade de Murcia, Rafael García Molina, realizou un estudo sobre isto. Nel, descubriu cousas tan sorprendentes como: o misterio que envolvía os paxaros de gran tamaño, que se suxeitaban polo peteiro cun dedo da man sen caeren, xa que o seu centro de masa atópase máis abaixo que o punto de apoio conferíndolle así, unha grande estabilidade. Ou como o chamado “Termómetro do amor”, o cal ó suxeitalo por debaixo comeza a subir un líquido no seu interior, o que supostamente mide o amor da persoa que o ten cara a súa parella; porén, o que verdadeiramente sucede é que o líquido que contén, é moi sensible a calor e co contacto co corpo humano este ascende.
Esta área tamén está presente noutros hábitos como a medicina, pois para realizar unha radiografía foi necesario realizar anos de estudo sobre a natureza da luz e as radiacións, e a música, xa que calquera son non é máis que a sucesión de vibracións en distintos medios.
Por último, é necesario sinalar a súa participación na explicación dos fenómenos atmosféricos, dando explicacións tan chás como que o bater das ás dunha bolboreta en China pode provocar un furacán en Nova York.