A fervenza do Serio

Unha fervenza intermitente nos Prealpes de Bérgamo
6 Septembro 2012
fervenza Bérgamo

Aproveitando unha excusión a Bérgamo visitamos a fervenza do río Serio e tivemos a sorte de ir un dos poucos días do ano en que se pode ver, pois o río está encorado e só a abren varias veces ao ano (algúns domingos entre xuño e outubro).

É a fervenza máis alta de Italia e a segunda de Europa. O Serio salva un desnivel de315 men varios saltos sucesivos. En 1931 construiuse un encoro para a produción de enerxía eléctrica que pechou a saída de auga da fervenza. Desde 1969 chegouse a un acordo coa empresa para abrila uns días ano ano, durante media hora, ocasión que aproveita a xente para facer excursións.

Hai unha lenda local que conta que a fervenza se formou polas bágoas dunha moza namorada. Unha dama namorouse dun pastor que xa estaba comprometido con outra moza, e devorada polos celos pechou á súa rival na torre dun castelo sobre unha rocha. A pobre prisioneira, desesperada, chorou e chorou tanto que as súas bágoas formaron un torrente impetuoso que derrubou o castelo e formou a fervenza do Serio.