Febreiro 2014

2 Marzo 2014
febreiro

Febreiro é o segundo mes de ano e dura 28 días nos anos normais e 29 nos anos bisestos.

O nome ven do tempo dos romanos porque nesta época celebrábanse unhas festas de purificacións chamadas Febrúas.

As xemas das árbores comezan a inchar e florecen moitas plantas: pexegueiros, salgueiros, magnolias, piñeiros, chuchameles, narcisos, colexas... Algunhas aves comezan a facer os seus niños: rulas, pardais, xiríns, pegas...

Os días medraron 60 minutos e o tempo foi moi chuvioso e con varios temporais a comezos de mes. En Cambados choveu 27 días e recolléronse 299,3 litros, sendo o máis chuvioso o día catro, con 35 l. O refacho de vento máis forte de Galici rexistrouse, tamén o día 4, en Punta Candieira (A Coruña).