Febreiro (2013)

7 Marzo 2013
febreiro

Febreiro é o segundo mes do ano. Ten 28 días, pero cada catro anos engádeselle un para compensar o desaxuste (o ano ten 365 días e 6 horas).

Chámase así polas festas “februas” que celebraban os romanos para comezar o ano. A pedra de febreiro é a amatista e a flor a violeta. A algunhas plantas comézase a saír as flores: narcisos, xacintos, azaleas, eucaliptos, salgueiros e tamén se reproducen algúns animais como os gatos ou os raposos.

Os día medraron en unha hora. Choveu 16 días e houba dous días con xeada. O refacho de vento máis forte foi o día 28 de febreiro (15,77 km/h).

O 4 de febreiro é o Día Mundial Conra o Cancro e o 6 o Día Mundial contra a Mutilación xenital feminina. O 14 é o día dos namorados e o 15 (este ano) caeron unha serie de Meteoritos sobre Rusia producindo máis de mil feridos.