Febreiro (2012)
Febreiro é o segundo mes de ano e dura 28 días nos anos normais e 29 nos anos bisestos, como este.
O nome ven da época dos romanos porque nesta época celebrábanse unhas festas de purificacións chamadas Febrúas.
Os días medraron 74 minutos e o tempo foi moi raro para esta época. Na primeira quincena as temperaturas foron moi baixas e unha gran vaga de frío ocasionou moitas mortes en toda Europa. O día de máis calor foi o 27 (19,8 ºC) e o máis frío o 5 (0,8 ºC). Houbo moitos días de xeada. Practicamente no choveu, foi o mes de febreiro máis seco en 50 anos. So choveu tres días e o que máis foi o 14, con2 litros. O nivel dos ríos está moi baixo.
As xemas das árbores comezan a inchar e florecen moitas plantas: pexegueiros, salgueiros, magnolias, piñeiros, chuchameles, narcisos, colexas... Algunhas aves comezan a facer os seus niños: rulas, pardais, xiríns, pegas...
Algunhas curiosidades:
O 19 de febreiro de 1941 houbo un furacán grandísimo que tirou na provincia de Pontevdra as torres de 300 igrexas e máis de 300.000 árbores.