Fármaco contra o contaxio do VIH
Dous grupos de investigación estadounidenses levaron a cabo uns estudos que demostran o efecto protector do fármaco GSK744, desenvolvido pola multinacional farmacéutica GlaxoSmithKline (GSK), fronte á infección vaxinal por VIH, a vía máis común de transmisión do virus.
O novo medicamento foi probado en monos macaco femia, en concreto, de catorce macacos femia, que foron tratadas unha vez ao mes co fármaco, doce resistiron a infección. Por outra banda, outras dez femias que non recibiron o tratamento sucumbiron ao virus.
Con 35 millóns de persoas no mundo infectadas por este virus -moitas delas mulleres-, o medicamento, que protexe a infección do virus cunha inxección cada tres meses, podería axudar a deter a propagación desta epidemia. Ademais, a vantaxe que tería o GSK744 de acción prolongada é que se administra cunha inxección cada tres meses, o cal resulta máis cómodo e seguro.
Respecto a cando podería chegar o medicamento a humanos, indican que hai dous ensaios en marcha nos que se investiga a seguridade e tolerancia do GSK744. Estes resultados espéranse en dous ou tres anos. Se son positivos, o seguinte paso sería realizar os estudos de fase 3 (con voluntarios humanos) para ver se pode ou non previr a infección.
Unha investigación previa, levada a cabo por algúns dos científicos que participan nos estudos actuais, demostrou tamén que o novo fármaco de GSK protexe os macacos contra o virus vía rectal.