A familia Curie, unha familia única

12 Xuño 2014
familia Curie

A familia Curie foi unha familia de físicos franceses dedicados á investigación da radioactividade.

Pierre Curie foi educado polo seu pai, un médico librepensador, sen chegar a acudir á escola. Logo estudou Física nunha universidade de París, con resultados brillantes. En colaboración co seu irmán Jacques Curie descubriu o efecto piezoeléctrico. Dende 1882 traballou como profesor na Escola Municipal de Física e Química de París.

En 1894 coñeceu á que remataría sendo a súa esposa, Marya Sklodowska, máis coñecida como Marie Curie. Pierre iniciou unha colaboración científica que se prolongou ata a súa morte. Doctorouse cunha tesis sobre o magnetismo.

En 1897, Pierre e Marie Curie empregaron unhas dependencias abandonadas da escola onde ensinaba para realizar investigacións sobre a radiación de uranio. Isto levounos a descubrir os novos elementos químicos en 1898: o polonio e o radio. En 1903 recibiron o Premio Nobel de Física e ó ano seguinte, Pierre morreu atropelado por unha carruaxe.

Marie Curieé de orixe polaca. Iniciou a súa carreira na Universidade de Varsovia e despois trasladouse a París para ampliar os seus estudos. Alí coñeceu a Pierre e colaborou con el en todas as súas investigacións. Cando el faleceu, foi ela a encargada de substituílo na cátedra de Física da Sorbona. Marie seguiu investigando sobre a radioactividade, o que lle proporcionou o Premio Nobel de Química en 1911. Foi a primeira muller en recibir un Premio Nobel e a primeira persoa do mundo en recibir dous, pero estar exposta tantos anos a tan altos niveis de radiación tivo as súas consecuencias. En 1934 detectáronlle leucemia, o que a levou á morte.

familia Curie1

A súa filla Irène Joliot-Curie estudou Física igualmente e foi unha gran colaboradora da súa nai, á que axudou a organizar un servizo radiolóxico móbil durante a Primeira Guerra Mundial. En 1925 casou co físico Fréderic Joliot, axudante de súa nai dende a morte de Pierre. Xuntos descubriron a radioactividade artificial en 1934, polo que recibiron o Premio Nobel de Física en 1935. Ó igual que súa nai, morreu de leucemia causada pola prolongada exposición á radiación.

É evidente que esta non é unha familia calquera, senón unha familia de científicos que achegaron grandes avances para toda a humanidade. Conseguir tres Premio Nobel nunha mesma familia é algo que só lle ocorreu ós Curie e, ademais, dous deles foron a parar ás mesmas mans, ás mans de Marie Curie, a gran pioneira da radioactividade.