Facendo zocos

8 Septembro 2013
zoqueiro

En setembro estivo no Instituto un zoqueiro de Mondoñedo para amosarnos como traballaban os zoqueiros tradicionais.

Primeiro córtase a árbore, un bidueiro do tamaño axeitado. Logo ponse o cacho de madeira, do tamaño segundo a medida do pé, no burro de escavar e dáselle forma de zoca coa machada ou brosa. Despois coa coitela mellórase para que quede máis redondo. Continúa facendo a parte de abaixo do zoco co machado e coa aixola ponno máis liso. Deseguido, co mazo e a gubia fai a parte de dentro. Coa trade escava a parte dianteira, onde non chega a gubia. Finalmente coas llergas alisa o interior.

Os zocos pódense pintar e facerlles debuxos escavando co repinisco.

A persoa que vai calzar o zoco próbao e se lle molesta nalgún sitio o zoqueiro arréglallo por dentro coa llerga.

Os zocos foron un calzado moi empregado en Galicia, sobre todo no rural. Aínda hoxe se empregan en moitos sitios. Tamén se fabrican para vender como recordo aos turistas e como obxecto decorativo. A maioría fanse con máquinas para que o oficio resulte máis rentable.

Este traballo foi realizado en 2007.