Facemos coches
O alumnado de 2º ESO construíu, como primeiro proxecto de Tecnoloxía do 2º trimestre, coches de carreiras. A finalidade do proxecto era asimilar, de forma práctica, a teoría da transmisión de movementos.
O coche só tiña 3 limitacións: o tamaño (non podía superan os30 cm), tiña que ter un motor de continua (sen redutora) e o motor debía controlarse por unha chave de cruce (mando de adiante, atrás e parada). Decidín darlle un maior incentivo a este proxecto e propuxen facer unha carreira en cada grupo de 2º ESO, de esta forma saberíamos cal é o mais veloz, e que tería unha puntuación maior. Asimesmo, pensei que o máis orixinal de cada grupo merecía tamén un aumento da nota; cada alumno/a deu o seu voto individual a favor do coche que lle parecéu máis orixinal. Os resultados son os que vedes; non hai queixa, algúns son moi bos.
O máis orixinal. “O primeiro que fixemos foi debuxar o contorno do chasis e recortalo. Despóis, nun bol, fixemos unha mestura de cola de carpinteiro e auga. Extendémola cunha brocha e, mestras estaba fresco, puxemos anacos de papel hixiénico e sécámolo cuns secadores. Ao día seguinte pintamos o chasis de cor azul (cun spray) e de cor verde (pintura acrílica). Por último, recortamos e pintamos os detalles: flores e carteis. Só faltaba repasar cun permanente e pegarlle uns papeis que farían de ventás. Ocurreusenos facer um munequiño de papel en 3D, seméllase a Scooby Doo. En canto ás rodas e o montaxe do motor, como tódolos grupos, fixemos as poleas no trade de sobremesa, usando coroas de diferentes diámentros e tivemos que axustar a goma no motor-polea para que se movera axeitadamente. Foi divertido e deuonos moito, moito pero que moito chollo.” Laura Mª Vázquez Millán e Manuel Montes Argibay (2º ESO C)
O máis rápido. “A construción do coche non foi doada porque tiñamos unha madeira moi fina e un motor moi pequeno, pero a madeira, a pesar de todo, acobou sendo util, porque ao seu pouco pesada o coche correu máis e o motor solucionámolo multiplicándoo. Na carreira gañamos por pouco.” Equipo de Martín Losada Oubiña (2º ESO C)
“O noso obxectivo neste proxecto era dar a ver a nosa imaxinación, por iso fixemos un coche tarta. Divertímonos moito facéndoo, e tamén aprendemos a facer moitas cousas a causa dos nosos erros. Sen dúbida foi unha boa experiencia”. Araceli Fernández, Fátima Lago, Verónica Noya, Pablo Nogueira e Cristina González (2º ESO A).
“O noso traballo figura unha converse. Para facelo cortamos a madeira para a planta superior e inferior do coche con forma de zapatilla. Despois cortamos as rodas usando un trade de columna cunha coroa. Agora xa podíamos meterlle o eixo, unhas variñas roscadas de ferro. Usamos porexpán para os laterais. O mando foi moi sinxelo e mellorámolo cun interruptores. Tivemos problemas ao comezo, pero despois de axustar a goma o coche empezou a andar”. Mª del Carmen Blanco, Sara Castro, Ilenia Martínez, Beatriz Casal (2º ESO A)..
Coche tiburón. “O proxecto pareceume divertido, moito máis que os anteriores, pero tamén foi o máis difícil, sen dúbida. Sempre aparecía algún erro técnico de última hora, como cando perdimos unha roda e tivemos que facer outra. Pero ao final non a fixemos porque tivemos que cambiarlle a coroa ao trade de columna (estaba atascado). Espero que o próximo nos saia á primeira, pero non sei, dubídoo”. Marcos Daporta. “A min o proxecto pareceume bastante dificil de facer, pero mereceu a pena e, aínda que non gañamos, conseguimos o premio ao máis orixinal. Eu penso que todo o que aprendimos na creación deste proxecto pódenos servir, non de forma literal, pero moitas cousas podémolas aplicar”. Fátima fernández Feijoo (2º ESO B)..
“Fixémolo nun tempo récord, unha semana. Cortamos as pezas de madeira coa caladora e pegámolas con silicona. Axustamos o eixo, as rodas e a polea coa goma, e voaba. É o máis rápido da clase, aínda que escora un pouco para un lado. Pintámolo con esprai azul e branco (2º ESO B).
http://youtu.be/2w66O3iFe-k