Fabricando xeo con enerxía solar
As cidades sen electricidade xa non terán problemas para a súa refrixeración posto que un novo sistema termodinámico podería crear xeo soamente a partir da enerxía solar.
Un grupo de investigadores do Centro de Investigacións en Enerxía da Universidade de San José en Silicon Valley (Estados Unidos) desenvolveron un sistema construído con materiais de doada adquisición que consiste nun colector parabólico cilíndrico (CPC) que funciona como un rexenerador-absorbedor e contén un refrixerador, un condensador, un evaporador e unha válvula de expansión. Neste caso o amoníaco funciona como refrixerante e o nitrato de litio como absorbente.
Comparado cunha maquina de facer xeo normal e corrente este sistema non funciona por electricidade, neste caso o compresor que se usa normalmente é substituído polo CPC que concentra os raios do sol nun tanque que contén os fluídos de traballo (amóniacao e nitrato de litio), os raios do sol quentan os fluídos ata temperaturas aproximdas de 100ºC e isa temperatura tan elevada o que fai é separar o amoníaco do nitrato de litio, desta forma o amoníaco evaporase (pasa a estado gasoso) e vai para o condensador onde se lle bota auga para enfrialo e almacenalo durante as horas de insolación.
Á noite ábrese a válvula para que pase o amoníaco líquido, o cal reduce sua presión e a súa temperatura, así, ao chegar o evaporador conxela a auga contida.
Finalmente o amoníaco regresa ao xerador-absorbedor para repetir o ciclo a mañá seguinte.
Este sistema permite a obtención de xeo sen necesidade de electricidade.