A extinción das especies
Nos últimos tempos estamos asistindo a un aumento alarmante na extinción de especies, algunha incluso antes de ser coñecidas.
As causas son moi numerosas, algunha de tipo natural como os cambios climáticos, as catástrofes naturais, os incendios, as secas… e a maioría son de orixe humana: a caza e pesca excesivas, o empregos de pesticidas, a contaminación, a eliminación dos hábitats naturais, os incendios, a deforestación, o aumento do efecto invernadoiro…
Unha especie considérase ameazada cando as súas poboacións están decrecendo con risco de poder chegar a extinguirse.
A clasificación do estado de conservaci´pn das especies mais coñecida é a Lista Vermella da UICN que establece as seguintes categorias:
Extinta (EX): o último representante de especie xa morreu, ou dase por suposto. Exemplo: tigre de Tasmania.
Extinta na natureza (EW): existen individuos en cativeiro, mais non hai máis poboacións naturais. Exemplo: dromedario.
Crítica ou criticamente ameazada (CR): sofre risco extremamente alto de extinción nun futuro próximo. Exemplo: lince ibérico. Na lista vermella da UICN aparecen catalogadas 1665 especies de animais e 1575 de plantas.
En perigo (EN): sofre risco moi alto de extinción nun futuro próximo. Exemplo: macaco de Arunchal. Na lista vermella da UICN aparecen catalogadas 2440 especies de animais e 2280 de plantas.
Vulnerable (VU): sofre alto risco de extinción a medio prazo. Exemplo: pingüín de Magallanes, guepardo, camelo da Bactria
Case ameazada (NT): aínda non sofre risco de extinción, mais as ameazas sobre ela son crecentes.
Segura ou pouco preocupante (LC): non sofre ameaza inmediata a súa sobrevivencia.
Na lista vermella da IICN aparecen catalogadas Een perigo)