EXPOMETEORO no IES Asorey

4 Febreiro 2014
expometeoro-asorey

Desde o 28 de xaneiro ao 7 de febreiro tivemos no noso centro a exposición EXPOMETEORO, realizada po METEOGALICIA.

A exposición fai un percorrido polos principais temas relacionados co tempo, o clima e a meteoroloxía: diferencias entre clima e tempo, tipos de climas, tempo e lingua, o clima do pasado, magnitudes para medir as distintas variables do tempo, as nubes, os mapas do tempo, a observación do tempo, meteoroloxía extrema, a predición meteorolóxicas e o Sol, motor do mundo.

Distintos grupos aproveitaron para visitala e facer traballos recollendo información da exposición.