Experimentando co aire
O outro día fomos ao laboratorio un grupo de rapazas de 1º de ESO B para investigar, mediante experimentos, a presión atmosférica, que é a forza que exerce o aire sobre a superficie terrestre.
Dividímonos en grupos de dúas e cada grupo facía un experimento relacionado co aire. Unha compañeira da clase grabounos en video. Ás veces confundíamonos e tiñamos que comezar de novo.
Houbo un experimento que para nos foi o máis sinxelo, tanto para enterder como para facer: había que encher un vaso de auga e cunha cartulina tapalo, ao darlle a volta observamos que a cartulina non cae debido á presión atmosférica.
Noutro experimento fixemos unha espiral con cartulina, colgámola dun soporte, puxemos debaixo un chisqueiro, encendémolo e vimos como a espiral subía e daba voltas; porque o aire quente ascende, e así tamén se crean as correntes de aire na atmosfera.
Tamén puxemos dos globos baleiros nunha nunha balanza e comprobamos que pesaban o mesmo; loogo puxemos un globo baleiro e outro cheo (inflámolo) e comprobamos como se inclinaba do lado do globo con aire, demostrando que o aire pesa.
Ademais de coñecer cousas e saber facelo, pasámolo moi ben. Gustounos moito practicar e investigar con algo natural que pasa normalmente; é moi interesante. Estes experimentos fanse con cousas cotiás, e se atendedes ben ao video seguro que podedes facelos na vosa casa sen problema ningún.