Experimentando co aire
6 Septembro 2012
Os alumnos e alumnas de 1º de ESO B aproveitamos os experimentos que fixemos no laboratorio de ciencias para estudiar as propiedades do aire para facer un video.
Cada equipo explicou unha característica do aire mediante un experimento. Puxémonos moi nervosos e dalgún tivemos que facer varias tomas porque nos daba a risa ou confundíamos o que tiñamos que dicir.